Solapas principales

Xa está aberto o prazo para inscribirse ao concurso de decoración de Nadal veciñal

Miércoles, 11 de diciembre de 2024

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, puxo en marcha a terceira edición do concurso de decoración de Nadal veciñal en Ames, unha iniciativa que pretende fomentar á colaboración da veciñanza na decoración do municipio nestas festas. O prazo de de inscrición está aberto ata o vindeiro luns 16 de decembro, as solicitudes deberán de facerse a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou de xeito presenciar nos rexistros municipais. Os concursantes terán que enviar dúas fotos da súa decoración ao enderezo de correo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal antes do 18 de decembro. 

O Concello de Ames, desde a Concellaría de Promoción Económica, abriu o prazo de inscrición para participar na terceira edición do concurso de decoración de Nadal veciñal, unha iniciativa que pretende fomentar á colaboración entre a veciñanza amesá coa decoración destas festas para encher as fachadas, balcóns, fiestras e xardíns das vivendas privadas cun ambiente e espírito de Nadal. Ademais, búscase poder atraer máis visitantes a Ames, tanto na súa contorna rural coma no urbano. Pódense consultar as bases para participar na seguinte ligazón.

Repartiranse un total de 2.000 euros divididos en catro premios de 500 euros cada un. O xurado valorará ás decoracións participantes pola súa creatividade, en base aos criterios de composición e deseño, xunto coa orixinalidade e elaboración propia. Así mesmo, valorarase a utilización dos elementos de iluminación como foco de atracción e o uso de materiais de refugallo.

O prazo para presentar as solicitudes de participación xa está aberto ata o vindeiro luns día 16 de decembro. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou de forma presencial, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, nos rexistros municipais da Casa do Concello de Bertamiráns ou das Oficinas Municipais do Milladoiro. Pódese descargar a solicitude para participar na seguinte ligazón.

A decoración deberá estar exposta, como mínimo, desde o pasado 9 de decembro ata o 1 de xaneiro. Así mesmo, a veciñanza participante terá que enviar dúas fotos da súa decoración ao enderezo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal antes do 18 de decembro.

Hoxe finaliza o prazo para participar no concurso de Escaparates
Por outra banda, hoxe remata o prazo para presentar as solicitudes de participación no concurso de escaparates, dirixido a todos os comercios de Ames. Nesta iniciativa, repartiranse 4.000 euros divididos en 4 premios: un primeiro premio de 1.500€, un segundo de 1.100€, un terceiro de 800€ e un cuarto de 600€, xunto cunha campaña publicitaria en Ames Radio durante un mes.

Os negocios interesados en participar, e que aínda non enviaran a solicitude, poderán  inscribirse ata hoxe a través da Sede electrónica do Concello de Ames. Neste caso, todos os concursantes terán que enviar unha fotografía do escaparate ao correo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal antes do 18 de decembro. Pódese consultas as bases do concurso de escaparates na seguinte ligazón e descargar o impreso de solicitude para participar nesta outra ligazón.

Xa está aberto o prazo para inscribirse ao concurso de decoración de Nadal veciñal

Multimedia

  • Xa está aberto o prazo para inscribirse ao concurso de decoración de Nadal veciñal
  • Xa está aberto o prazo para inscribirse ao concurso de decoración de Nadal veciñal