- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames oferta para o primeiro semestre de 2025 unha programación de artes escénicas composta por un total de 13 obras, de teatro, danza e circo, dirixidas para público adulto e infantil. Unha das actuacións será a da peza teatral "O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada", da compañía Butacazero, que se representará o 4 de abril, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladorio. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica a partir do 8 de xaneiro.
“O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada”, de ButacaZero é unha narración de teatro contemporáneo que, a través do humor irónico, plasma os canones de beleza esixidos e marcados dentro da sociedade actual, así como o tema da gordofobia.
Cunha sinceridade crúa e o seu clásico humor irónico, Carrodeguas aborda neste texto de auto[NON]cción a relación co seu corpo, marcada pola gordofobia que se respira en calquera recuncho desta apaixonante sociedade da fermosura. Porque, por moito que te escondas, a gordofobia sempre está ao teu carón. Sobre todo, porque está en ti.