Solapas principales

A deportista amesá Olivia Parga gana a Liga Nacional de Karate e proclámase Grand Winner de España

Miércoles, 18 de diciembre de 2024

Esta pasada fin de semana, do 13 ao 15 de decembro, celebrouse en Pontevedra a fase final da Liga Nacional de Karate, onde participaron os oito mellores karatekas de España. Nesta cita, a deportista amesá, Olivia Parga, obtivo a medalla de ouro na categoría de xuvenil <37 kg. Este novo éxito, sumado aos resultados que xa obtivera nas anteriores xornadas de Avila e Tarragona, fixo que fose proclamada Grand Winner de España 2024. Ademais, o seu irmán, Xoan David Parga García, que competiu en kumite júnior <61 kg, obtivo un meritorio quinto posto que o sitúa entre os mellores karatekas da sua categoría.

Dende o 13 ata o 15 de decembro celebrouse en Pontevedra a fase final da liga española de karate onde participaron os oito mellores karatekas de España. Nesta ocasión, Olivia Parga Garcia, que compite na categoría de xuvenil <37 kg, obtivo de novo a medalla de ouro despois de dous grandes combates contra Carla Santos Sanchez, do club Asociación Deportiva Karate San Kai, de Badajoz, á que venceu por 4-0, e contra María Vázquez Gargallo, do club CD karate La LLum Xirivella, da Comunidade Valenciana, á que venceu por un resultado de 5-1.

Despois destes resultados e sumado aos resultados que xa obtivera nas anteriores xornadas de Avila e Tarragona foi proclamada Grand Winner de España 2024. Merecido galardón despois dun duro ano e que sumouse ao que obtivo a súa mestra Ruth Lorenzo Couso, que foi proclamada Gran Winner de España na categoría de kumite sénior <55 kg. Mestra e aprendiz desfrutan xuntas da competición e intentan levar o karate galego ao máis alto.

Xoan David Parga García
Nesta ocasión a Olivia Parga acompañouna tamén o seu irmán, Xoan David Parga García, que competiu en kumite júnior <61 kg e obtivo un meritorio quinto posto que o sitúa entre os mellores karatekas da sua categoría. Xoan tivo 4 grandes combates contra rivais de Valencia, Madrid e Mallorca perdendo o metal de bronce por un axustado 1-0 contra o rival de Mallorca.

Previamente, Xoán David Parga García proclamouse subcampión galego en kumite 61 kg no pasado mes de outubro. Ademais, participou coa selección galega no Campionato de España en Córdoba no que caeu en primeira ronda co karateka asturiano, Aarón Riera, despois dun gran combate no que comezou gañando por 0-2 ata os últimos segundos, no que despois dunha técnica do contrario perdeu finalmente por 3-2. Non tivo acceso a repesca xa que o seu rival caeu eliminado en cuartos de final.

As fotos foron cedidas polo fotografo da RFEK, Jose Maria Rodriguez Martín (@cheffoto)

Multimedia

  • As fotos foron cedidas polo fotografo da RFEK, Jose Maria Rodriguez Martín (@cheffoto)
  • As fotos foron cedidas polo fotografo da RFEK, Jose Maria Rodriguez Martín (@cheffoto)
  • As fotos foron cedidas polo fotografo da RFEK, Jose Maria Rodriguez Martín (@cheffoto)
  • As fotos foron cedidas polo fotografo da RFEK, Jose Maria Rodriguez Martín (@cheffoto)