Solapas principales

O BNG de Ames presenta as súas propostas para o POS+ 2025 da Deputación da Coruña

Viernes, 03 de enero de 2025

A realización da segunda fase da senda peonil Reino-Pontemaceira, a cuberta do anfiteatro do Milladoiro ou a pavimentación e arranxo definitivo do aparcamento público situado detrás da policía local de Bertamiráns son algunhas das actuacións que o grupo municipal considera prioritarias

A  pavimentación e senda na estrada que une Covas e Pousada, os arranxos da ponte de Suevos,das pluviais de Biduído de abaixo e a ponte das Pontiselas, a pavimentación da estrada Pontenova-Agrón  así como a  execución da segunda fase da Casa da Cultura do Milladoiro,son outras das demandas do BNG de Ames

O POS+ establecido pola Deputación en 2017  é unha ferramenta imprescindible para financiar obras e servizos públicos dos Concellos da provincia, neste sentido o grupo municipal considera que “hai que utilizalos para mellorar a vida de toda a veciñanza tendo en conta tanto ao Ames máis rural como ao máis urbano”.

O  BNG de Ames presenta as súas propostas para o POS+ 2025 da Deputación da Coruña

Multimedia

  • O  BNG de Ames presenta as súas propostas para o POS+ 2025 da Deputación da Coruña