Solapas principales

Activa unha alerta laranxa por fortes chuvias e vento que afecta ao Concello de Ames

Miércoles, 8 enero, 2025
A Xunta de Galicia vén de activar unha alerta laranxa por fenómeno meteorolóxico adverso, fortes chuvias e vento, que afecta a Ames. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, Seguridade e Alcaldía, informa que ten organizado un operativo especial para contrarrestar os efectos adversos como as inundacións provocadas polo temporal de vento e choiva que implica á Policía Local, Protección Civil, Augas de Ames e brigadas municipais. En caso de emerxencia, prégase centralizar as chamadas de emerxencia ao 112, Policía Local: 619 76 75 75; ou Protección Civil: 673 17 88 88.