- Tematica
O vindeiro martes, 21 de xaneiro, comezarán os traballos nun do carrís de circulación da avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro, dirección Santiago de Compostela – Padrón, entre a rotonda que está ao final da SC-20 (PK 67+100) e o cruce coa rúa da Raxoeira (PK 67+350). Poderase circular polo outro carril, ao igual que sucedeu no outro sentido de circulación, Padrón – Santiago, onde estes mesmos traballos xa se realizaron. Ditas obras estanse executando dende o pasado mes de setembro entre os quilómetros 67 e 68,600. Esta actuación conta cunha inversión de 4,4 millóns de euros e están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible está a executar as obras de humanización da estrada N-550 ao seu paso polo Milladoiro entre os quilómetros 67 y 68,600. Para garantir a seguridade, tanto dos traballadores como dos usuarios, a partir do vindeiro martes, 21 de xaneiro, haberá unha redución secuencial de dous a un só carril na avenida de Rosalía de Castro, en dirección Santiago de Compostela – Padrón, entre a rotonda que está ao final da SC-20 (PK 67+100) e o cruce coa rúa da Raxoeira (PK 67+350). Poderase circular polo outro carril, ao igual que sucedeu no outro sentido de circulación, Padrón – Santiago, onde estes mesmos traballos xa se realizaron.
Polo que, debido a que actualmente xa existen tramos da calzada esquerda (dirección Padrón - Santiago) onde se está circulando por un só carril, a configuración da N-550 nalgúns tramos da avenida de Rosalía de Castro, terá só dous carrís, un por cada sentido de circulación. A estrada estará en servizo, habilitando sempre unha carril por sentido de circulación, non habendo restricións na circulación, senón unha redución de carrís. As paradas de autobús non sufrirán modificacións, mantendo as mesmas na súa localización actual.
Deste xeito, dáselle continuidade aos traballos que se están executando dende o pasado mes de setembro. As obras comezaron nun dos carrís da avenida de Rosalía de Castro, dirección Padrón – Santiago, onde na actualidade se están rematando as novas beirarrúas. Estes mesmos traballos vanse realizar a partir da vindeira semana no outro sentido de circulación, Santiago – Padrón.
Para asegurar a fluidez do tráfico durante o tempo que duren as obras habilitáronse diversos itinerarios alternativos:
• Recoméndase, con carácter xeral, que os itinerarios entre Santiago e Padrón se fagan evitando a travesía do Milladoiro, empregando a autovía AG-56 e a vía de alta capacidade VG-1.7, propoñéndose as seguintes alternativas:
-Alternativa ao traxecto de saída de Santiago en dirección Padrón: incorporación á autovía AG-56 na conexión coa SC-20, e saída no enlace de Pardiñas (quilómetro 3), dirección á vía de alta capacidade VG-1.7, cara a travesía das Galanas.
-Alternativa ao traxecto de entrada a Santiago desde Pontevedra ou Padrón: incorporación á vía de alta capacidade VG-1.7, situada no quilómetro 69,200 da N-550, dirección Santiago, incorporación á autovía AG-56 dirección Santiago de Compostela, e saída na conexión coa estrada SC-20.
• No caso dos traxectos locais, para acceder a vivendas ou establecementos do núcleo urbano do Milladoiro, recoméndase empregar rúas paralelas á travesía do Milladoiro, para evitar circular polo tramo en obras.
• Para acceder e saír do parque empresarial Novo Milladoiro recoméndase empregar os viarios que conectan o polígono coa VG-1.7 no enlace de Biduído, e a súa posterior conexión coa AG-56.