Solapas principales

>"Pan con chocolate" de María e Carme da Pontragha

Viernes, 25 abril, 2025
Ás 18.00 horas

O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2025 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de xaneiro e xuño. Na ampla variedade de propostas, coas que tamén se festexará o ano das cantareiras, podemos atopar actividades que van desde arrolos, música de diferentes estilos, obradoiros, teatro, contos, picadiscos, novo circo, unha foliada, fotografía, xogos, unha viaxe, maxia e unha festaza con moito Apego, todas elas co obxectivo de achegarlles ás familias recursos lúdicos e culturais que estimulen o coñecemento e o apego pola lingua.

O día 25, no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, María e Carme da Pontragha traerán o seu espectáculo de contos e música "Pan con chocolate". Deste xeito, buscan que as crianzas coñezan as historias de sempre para así preservalas e gardalas, xunto cunha boa dose de música para gozar dunha tarde en familia.

A inscrición desta actividade está aberta do 16 ao 24 de abril. Para participar, só hai que mandar un correo ao enderezo electónico normalizacion@concellodeames.gal. Para máis información, podes poñerte en contacto co servizo de Normalización Lingüística chamando ao número de teléfono 662 377 215.