- Tematica
O Concello de Ames recuperou no ano 2022 a tradicional festa dos maiores, que se celebrou a comezos do mes de xullo. Posteriormente, en 2023 decidiuse que a festa dos maiores íase a realizar o martes de Entroido. Deste xeito, en 2024 realizouse o segundo cocido dos maiores, e neste 2025 dáselle continuidade a dita festa coa terceira edición do cocido dos maiores de Ames.
Este ano celebrarase o martes, 4 de marzo, martes de Entroido, a partir das 14.00 horas, no pavillón de Bertamiráns. No xantar servirase cocido para as persoas maiores de 65 anos empadroadas en Ames. Anímase á veciñanza a acudir ao xantar disfrazados. A temática da festa deste ano está relacionada co cine. Haberá premios para os mellores disfraces. A festa estará amenizada coa música do dúo Plan B.
Prazo de inscrición
Xa está aberto o prazo para inscribirse no cocido. Ata o 21 de febreiro as persoas maiores de Ames poderán inscribirse para participar neste xantar. Solicitarase documentación acreditativa para inscribirse. Para elo hai que reservar praza chamando, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, aos números de teléfono: 881 074 730 / 669 119 431 / 662 377 044.
Posteriormente, unha vez rematado o prazo de inscrición, abrirase un prazo para retirar os tíckets para poder acceder ao xantar. Os tíckets poderanse recoller do 24 ao 28 de febreiro na Casa do Concello (departamento de Gabinete de Alcaldía) ou nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro.
Servizo de autobús polas parroquias
Haberá servizo de autobús polas parroquias para recoller ás persoas que así o desexen e achegalas ata o pavillón de Bertamiráns. Ao final da festa as persoas que o desexen poderán volver empregar o servizo de autobús para regresar a súa casa.
Esta festa está dirixida ás persoas maiores de 65 anos, que estean empadroadas no Concello de Ames. Poderase acudir de xeito individual ou en parella. No caso de ir en parella será suficiente con que un dos dous membros da parella estea empadroado no Concello.