Miércoles, 26 febrero, 2025
- Tematica
O Concello de Ames colabora na organización dun campionato de dominó, que se desenvolverá na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns. O prazo de inscrición estará aberto ata o 3 de marzo. As inscricións poden facerse na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta iniciativa comezará o día 5 de marzo e desenvolverase dous días á semana (mércores e venres), a partir das 19:00 horas.
Despois do éxito das últimas edicións do campionato de dominó, o Concello de Ames volve colaborar nesta actividade. Son moitos os que sentan arredor dunha mesa para pasar un anaco de tempo entretido xogando a este xogo. Por iso, vólvese organizar un campionato de dominó que se desenvolverá a partir do mércores, 5 de marzo, na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 3 de marzo. As inscricións poden facerse na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta iniciativa comezará o día 5 de marzo e desenvolverase dous días á semana (mércores e venres), a partir das 19:00 horas.