Jueves, 27 febrero, 2025
- Tematica
A última etapa da volta ciclista "O Gran Camiño" percorrerá o Concello de Ames este vindeiro domingo, 2 de marzo, o que producirá cortes puntuais de tráfico nas localidades do Milladoiro e Bertamiráns.
En Bertamiráns, os cortes produciranse na estrada AC-543 e pola Avenida da Maía e serán a partir das 12:30 ata ás 13.00 horas, aproximadamente. Unha hora máis tarde, entre as 13:30 e 14:00 horas aproximadamente, volverá a pecharse a estrada ao tráfico co segundo paso da volta.
No Milladoiro, a carreira pasará pola DP-0206, Travesía do Porto e avenida do Muíño Vello, o que producirá peches de tráfico nesas estradas entre as 13:30 e 13:45 e as 14:40 e 15:00 horas.
Os horarios de peche son aproximados e dependen da velocidade coa que transcorra finalmente a carreira. Pódense consultar o itinerario completo da proba deportiva na páxina web de O Gran Camiño e tamén a través do libro de ruta da proba na seguinte ligazón.
Descargas: