Solapas principales

Silvereira cumpre 25 anos de anos de xoiería artesanal

Martes, 11 de marzo de 2025

A empresa de xoiería artesanal galega, Silvereira, cumpre un cuarto de século a finais deste ano 2025. O alcalde, Blas García, visitou xunto á concelleira de Promoción Económica e o concelleiro de Obras e Servizos básicos ás instalacións da empresa amesá, situadas en Raíces, parroquia de Biduído. Juan Lamas e Marta Ares acompañáronos polo taller e explicáronlle os procesos que seguen para a fabricación das distintas pezas. Ambos destacaron a importancia da modernización dos procesos de fabricación para optimizar recursos e tempo e, deste xeito, ser competitivos.

Os artesáns participan en numerosos eventos e feiras, tanto a nivel galego como nacional e veñen de estar representados no Innovames e na Feira do Monte. Pese a que o selo diferencial da marca é a utilización da madeira para a fabricación da gran maioría das súas pezas, actualmente están nun proceso de expansión traballando materiais como a prata e usando técnicas como o baño en ouro. Fixan a Feira Profesional Bisutex en Madrid como xeito ao que expandirse e asentarse noutros mercados.

Nacemento de Silvereira
Silvereira nace no ano 2000 en Santiago e, posteriormente, trasladouse a Teo e, finalmente no ano 2020, a Ames. A busca dun terreo rural preto dun núcleo urbano que fixese posible conxugar unha boa oferta de servizos e a tranquilidade de vivir no rural fixo posible que Juan Lamas e Marta Ares recalasen na aldea de Raíces, en Biduído.

Esta empresa adicouse nos seus inicios a facer traballos en prata, acibeche e resinas, pero a crise económica do ano 2008 fixo que se reciclaran e comezaran a traballar con outro tipo de materiais como pode ser a madeira. Lamas data o descubrimento e o asentamento de Silvereira no mercado de artesanía de xoias de madeira no ano 2010, cando acudiron á Mostra do Encaixe de Camariñas cunha táboa cortada cunha máquina de láser con detalles en metacrilato e feltro. Foi tal o éxito da peza que unha actividade secundaria pasou a abarcar practicamente toda a actividade da empresa.

Colaboración con Asanog
Silvereira mantén dende fai anos unha colaboración estreita con Asanog, a Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia, sita en Santiago de Compostela. Actualmente teñen á venda na súa páxina web unha edición limitada de 50 pulseiras, cuxos beneficios están destinados á mencionada asociación. O pasado día 4 de febreiro celebrouse o día mundial contra o cancro.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Silvereira celebra un cuarto de século de xoias artesanais"

Silvereira cumpre 25 anos de anos de xoiería artesanal

Multimedia

  • Silvereira cumpre 25 anos de anos de xoiería artesanal
  • Silvereira cumpre 25 anos de anos de xoiería artesanal
  • Silvereira cumpre 25 anos de anos de xoiería artesanal
  • Silvereira cumpre 25 anos de anos de xoiería artesanal
  • Silvereira cumpre 25 anos de anos de xoiería artesanal
  • Silvereira cumpre 25 anos de anos de xoiería artesanal
  • Silvereira cumpre 25 anos de anos de xoiería artesanal