- Tematica
O programa do Apego continúa coa súa ampla oferta de actividades para as crianzas amesás ao longo deste mes de abril. Desta volta, co espectáculo de contos e música “Pan con chocolate”, de María e Carme da Pontragha, que se desenvolverá o vindeiro venres 25 de abril, ás 18.00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O prazo de inscrición está aberto ata o xoves día 24. Para participar, é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, idade das crianzas e un teléfono de contacto.
Neste mes de abril, no que se conmemora o Mes do Libro, o programa Apego tamén continúa a ofertar diferentes actividades para as crianzas de Ames. Nesta ocasión, cun contacontos a cargo de María e Carme da Pontragha no que os máis pequenos poderán coñecer as historias de sempre para así preservalas e gardalas. Ademais dos contos, haberá espazo para a música. Esta actividade é de balde e está dirixida a un público familiar.
O prazo de inscrición para esta actividade está aberto ata o xoves día 24 de abril. Non se admitirán inscricións fóra de prazo e as prazas asignaranse por orde de recepción de solicitude. Para participar, é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodesmes.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, idade das crianzas e un teléfono de contacto.
O programa Apego, un vehículo de transmisión da lingua
O programa Apego é un proxecto de dinamización lingüística dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos. O seu obxectivo é promover, apiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia, achegando recursos e unha ampla proposta de actividades lúdicas e educativas.
As persoas interesadas en sumarse á iniciativa poden facelo poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, escribindo un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 215. Así mesmo, tamén poden facelo cubrindo o formulario “Súmate ao apego”, que está dispoñible na páxina web do programa, apego.gal.