- Tipo
- Tematica
O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá este domingo, 27 de abril, a terceira edición do Concurso de Canto e Percusión Tradicional, un certame organizado pola A.C. Retranqueiros e na que participarán máis de 800 persoas de 24 asociacións chegadas de diferentes puntos de Galicia. A entrada para o evento é gratuíta e comezará a partir das 10.30 horas e continuará ao longo da tarde. Poderá visualizarse o concurso a través da canle de Youtube do Concello de Ames. A sesión de mañá poderá verse nesta ligazón, mentres que a sesión de tarde poderá visualizarse nesta outra ligazón. Neste 2025, a A.C. Retranqueiros cumpre 10 anos desde a súa creación.
Este domingo, 27 de abril, o auditorio de Bertamiráns acollerá o III Concurso de Canto e Percusión Tradicional, un certame organizado pola A.C. Retranqueiros na que actuarán máis de 70 grupos das 24 asociacións participantes. O concurso comezará a partir das 10.30 horas e continuará ao longo de toda a tarde. Haberá varias categorías de premios, entre as que se repartirán 3.250 euros.
Ademais das categorías mencionadas anteriormente, haberá dous premios especiais decididos a través do voto popular. Un deles decidirase na quenda de mañá, mentres que o outro decidirase na quenda de tarde. Entre os criterios de valoración, o xurado terá en conta aspectos como a autenticidade e dificultade da peza ou a afinación e interpretación da mesma.
Por outra banda, a entrada ao concurso é gratuíta, mais poderá visualizarse o evento a través da canle de Youtube do Concello de Ames. A sesión de mañá poderá verse a través desta ligazón, mentres que a sesión de tarde poderá visualizarse nesta outra ligazón.
