Solapas principales

Aínda queda algunha praza libre para participar na visita á ruta “As Pegadas de Rosalía” deste sábado 11 de maio

Jueves, 9 mayo, 2019
A Concellaría de Turismo informa de que aínda queda algunha praza libre para participar na saída pola Ruta Rosaliana que organizan os Concellos de Ames, Brión e Padrón este sábado 11 de maio. A actividade incluirá a visita a lugares como o Panteón de Galegos Ilustres, a parroquia de San Xoán de Ortoño, a Igrexa de Bastavales ou a Casa Museo Rosalía de Castro.

Para participar nesta visita, será preciso inscribirse a través do número de teléfono 981 883 002, marcando a extensión 2115. A iniciativa, que é de balde, contará con servizo de autobús desde O Milladoiro e Bertamiráns.

Multimedia