Solapas principales

Departamento de Secretaría y Administración General

    • Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono: 981 88 30 02
    • Horario de atención al público: de 9:00 a 14:00h.
    • Responsable municipal: Concejalía de Administración General
    • Responsable técnico: María Ofir Aboy García, técnica de secretaría.
    • Estructura del servicio: Secretaría, Técnica de Secretaría, 3 Auxiliares Administrativos.
Otros Datos: 
  • Funciones:
    • Asesoría jurídica del Ayuntamiento.
    • Informar y asesorar sobre los asuntos plenarios. Conformación de los plenos y comisiones, juntas de gobierno.
    • Levantar acta de las sesiones de los órganos colegiados.
    • Certificación de los actos o resoluciones de la Presidencia y los acuerdos de los órganos colegiados decisorios, así como de los antecedentes, libros y documentos del Ayuntamiento.
    • Remitir a la Administración del Estado y a la Comunidad Autónoma, en los plazos y formas determinados reglamentariamente, copia o, en su caso, extracto de los actos y acuerdos de los órganos decisorios de la Corporación, tanto colegiados como unipersonales.
    • Llevar y custodiar el Registro de Intereses de los miembros de la Corporación y el Inventario de Bienes.
    • Acompañar al Alcalde-Presidente o miembros de la Corporación en los actos de firma de contratos o escrituras.
    • Gestión del área de contratación. Realización del Plan de contratación semestral.
    • Gestión de los RRHH del Ayuntamiento de Ames.
  • Bolsas de trabajo
  • Procesos selectivos
  • Personal Municipal
  • Noticias relacionadas
  • Agenda.

Noticias del departamento

Este sábado, 7 de marzo, celebrarase unha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local, para realizar o sorteo, de xeito aleatorio, das persoas que ocuparán as 35 mesas electorais de Ames nas próximas eleccións ao Parlamento de Galicia, que terán lugar o domingo, 5 de abril. Dita Xunta de Goberno Local, que se realizará no salón de plenos da Casa do Concello, será aberta a toda a veciñanza que queira acudir. Un total de 24.275 persoas poderán votar en Ames. O persoal do Concello será o encargado de notificarlle a cada persoa que saía elixida que forma parte dalgunha das mesas electorais.

Este venres, 13 de outubro de 2023, ás 10.00 horas, celebrarase un pleno extraordinario solicitado polos grupos municipais do BNG e de Espazo Común, no que se debaterá sobre o modelo de xestión da recollida do lixo de Ames e solicitarase información sobre as actuacións realizadas pola Alcaldía coa Mancomunidade Serra do Barbanza. Debido ás obras que se están a realizar no salón de Plenos do Concello de Ames, a sesión celebrarase no Pazo da Peregrina. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

O Goberno municipal leva ao Pleno extraordinario que se vai celebrar este venres 24 de novembro, ás 10.00 horas, a modificación do suplemento de crédito 1/2023, financiado con remanente de tesourería para gastos xerais (baixa de créditos); e maila aprobación do suplemento de crédito 3/2023 por importe de 337.680,26 euros. Debido ás obras que se están a realizar no salón de Plenos do Concello de Ames, a sesión celebrarase no Pazo da Peregrina. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

O Concello de Ames celebra este xoves, 14 de maio, un pleno extraordinario no que a Corporación municipal debaterá a aprobación provisional da derogación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa. Este martes, 12 de maio, realizouse a comisión informativa de Economía e Facenda e Especial de Contas, previa a dito pleno, na que se aprobou, con cinco votos a favor e tres abstencións, a derogación de dita ordenanza fiscal. O obxectivo do goberno municipal e do resto de grupos políticos municipais é derogar dita ordenanza, para que os locais hostaleiros e comerciantes non paguen as taxas deste ano e poidan incrementar a superficie das súas terrazas, sempre tendo en conta os informes técnicos do departamento de urbanismo. Esta medida axudará a hostaleiros e comerciantes coa eliminación da taxa de terrazas deste exercicio. O Concello deixará de percibir este ano preto de 18.000 euros polas taxas de terrazas.

Este xoves, 30 de novembro de 2023, ás 18.00 horas, celebrarase un pleno extraordinario solicitado polos grupos municipais de Espazo Común e do Bloque Nacionalista Galego, no que se debaterá sobre a situación actual das actuacións incluídas na EDUSI Impulsa Ames (actuacións rematadas e pendentes, así como sobre os prazos e previsións de execución). Tamén se abordará a previsión do goberno municipal para asumir o importe de cofinanciamento non executado a 31 de decembro de 2023. Debido ás obras que se están a realizar no salón de Plenos do Concello de Ames, a sesión celebrarase no Pazo da Peregrina. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

O pasado venres, 27 de decembro, convocouse para ás 16.00 horas un pleno extraordinario e urxente coa finalidade de resolver unha alegación e aprobar de xeito definitivo a modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles do Concello de Ames. Ante a negativa de recoller a notificación por parte do administrativo do grupo municipal popular, tal e como se fai habitualmente, o Concello tratou de notificar nos domicilios particulares de cada membro, sen éxito. No caso dos concelleiros de Ames Novo e Ciudadanos non houbo problema. A pesares de ter o quórum requirido, desde a Alcaldía decidiuse pospoñer o Pleno para o sábado 28, de cara a ter tempo suficiente para a convocatoria. Finalmente, o pleno desenvolveuse o sábado, 28 de decembro, ás 12.00 horas, sen a asistencia dos edís do grupo municipal popular, a pesares de tres intentos de notificacións a cada un deles nos seus domicilios. Os concelleiros/as do grupo de goberno votaron a favor de estimar parcialmente a alegación e aprobar definitivamente a redacción de dita ordenanza, mentres que os concelleiros de Ames Novo, Quique Costas, e de Ciudadanos, José Ramón Oulego, abstivéronse.

Para acudir a facer trámites presenciais ás oficinas municipais é necesario sacar cita previa. Para iso ponse a disposición da veciñanza unha listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico para poder contactar cos diferentes departamentos municipais. Ademais, está activo na Sede electrónica do Concello de Ames un sistema online para a obtención de cita previa, imprescindible para realizar trámites presenciais relacionados co Rexistro Xeral, Padrón municipal e trámites a través do Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR).

Esta mañá desenvolveuse o pleno de constitución da nova Corporación municipal do Concello de Ames. José Miñones foi reelixido alcalde de Ames co apoio dos 13 concelleiros e concelleiras pertencentes aos grupos políticos do PSdeG-PSOE, BNG e Contigo Podemos. Despois de realizar a votación para ditaminar o novo alcalde, a decana do pleno, María Dolores Fernández Álvarez, foi a encargada de entregarlle o bastón de mando a José Miñones. A sesión plenaria celebrada na Casa da Cultura de Bertamiráns contou cun gran número de persoas que se achegaron a coñecer aos concelleiros e concelleiras que forman a nova Corporación municipal.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este xoves, 7 de abril, o quinto pleno de estado do Concello de Ames. Esta sesión plenaria serviu para facer balance sobre a xestión do goberno local durante o último ano. Os aspectos máis destacados foron que o Goberno municipal avanzou que o goberno do Estado está redactando o proxecto de humanización do Milladoiro e que se está traballando nun Plan de loita contra a fraude e nun inventario turístico, que recolla o patrimonio material e inmaterial do municipio. Dende a oposición reclamaron a baixada dos impostos e comezar de xeito en inmediato coa tramitación da modificación do PXOM. O pleno retransmitiuse por streaming a través da canle de Youtube do Concello de Ames. Durante o transcurso do pleno producíronse 79 conexións de distintos usuarios/as.

O alcalde de Ames, José Miñones, vén de asinar o decreto coas delegacións de cada unha das concellarías do novo goberno municipal. As competencias repártense en doce concellarías e mailas atribucións que lle corresponden ao alcalde. Ademais, realizouse o nomeamento dos/as tenentes de alcalde e dos/as concelleiros/as que formarán a Xunta de Goberno Local. Agora, queda por realizar o pleno de organización no que se decidirán as dedicacións de cada grupo municipal, así como a periodicidade coa que se celebrarán os plenos e as xuntas de goberno local, entre outros asuntos.

Eventos del departamento

Este xoves, día 27, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo.

Este sábado, 15 de xuño, celébrase o primeiro pleno do mandato 2019-2023 no que se desenvolverá o acto de investidura. O pleno de constitución da nova Corporación desenvolverase dende as 12:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Os concelleiros e concelleiras prometerán o seu cargo e será elixido o alcalde. Os 21 concelleiros/as terán que facer unha votación nominal na que cada edil terá que votar por algún dos candidatos á Alcaldía.

A Casa do Concello acolle a xuntanza de portavoces a partir das 14.00h este xoves, 11 de xullo.