Actualidad
O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o vindeiro mércores, 11 de xaneiro, ás 17:30 horas, unha nova charla sobre ciberseguridade e fraudes nas redes. A mesma conferencia xa fora organizada no mes de novembro pola Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro en dito municipio, logrando unha gran acollida entre a veciñanza. Nesta ocasión, ademais, clausuraranse os cursos do segundo módulo de alfabetización dixital nas parroquias de Tapia, Ameixenda, Augapesada, Covas e Ortoño. Deste xeito, entregaráselle un diploma a arredor de medio cento de veciños que asistiron a estas clases.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames continúa a súa oferta formativa durante os últimos días do ano e o mes de xaneiro, con seis cursos para a rapazada e outros cinco que están dirixidos a adultos. Así mesmo, o persoal informa que o horario de apertura da Aula entre o 26 de decembro e o 5 de xaneiro será, de luns a venres, dende as 8:05 ata as 13:50 horas, excepto cando se celebren cursos presenciais.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames continúa a súa proposta formativa para todos os públicos en outono, cun total de once cursos que inclúen temas como a ofimática, a Administración electrónica ou o traballo na nube. Mentres, a aula aberta seguirá dispoñible para toda a veciñanza de luns a venres de 9:30 a 13:00, e manterase a atención telefónica e por correo, os luns, mércores e venres dende as 16:00 ata as 18:30 horas.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames reforza a súa actividade presencial para os meses de verán, organizando catro talleres dende o 9 de xuño ata o 28 de xullo, que inclúen propostas de mecanografía, programación e informática lúdica. Ademais, engaden á oferta tres talleres en liña para público adulto, centrados nas buscas en Internet e nos programas Gimp e Inkscape. O acceso á aula aberta continuará nestes meses, de luns a venres de 9:30 a 13:00, e manterase a atención telefónica e por correo, de luns a venres dende as 16.00 ata as 18.30.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames celebra os seus cinco primeiros cursos presenciais de 2022. A formación na aula comezará en Entroido e continuará ata finais de abril, con catro propostas para menores de idade e outra máis para adultos. Ademais, continúan os cursos en liña, cun ciclo de ofimática na suite LibreOffice, e o acceso á aula aberta, de luns a venres de 9:30 a 13:00, e os martes e xoves, tamén das 16:30 ás 19:00 horas. Para anotarse nos cursos, limitados a 9 prazas, cómpre reservar praza chamando ao 682 373 753, ou ben enviar un correo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames continúa a súa oferta formativa durante os últimos días de ano e o mes de xaneiro, con dous cursos en liña para a rapazada e outros cinco para as persoas adultas, que se desenvolverán na canle de YouTube do centro. Así, o persoal informa de que dende o 24 de decembro ata o 6 de xaneiro, a aula permanecerá pechada de maneira presencial, mantendo a atención telefónica e por correo electrónico de luns a venres, de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 horas.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames retoma por primeira vez dende o comezo da pandemia a presencialidade, con dous cursos de iniciación ás novas tecnoloxías para adultos nos meses de novembro e decembro. A actividade volve tamén á aula aberta, que estará dispoñible de luns a venres, dende as 9:30 ata as 13:00 horas. Tanto este espazo coma os cursos terán un aforo máximo de 8 persoas, para os que cómpre reservar praza chamando ao 682 373 753, ou ben enviando un correo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal. Ademais, continúan as propostas de formación en liña a través da canle de YouTube do centro, con tres cursos telemáticos en horario de tarde.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames, programou novos cursos telemáticos para os meses de xuño e xullo, tanto para nenos e nenas como para adulto/as. Esta aula formativa, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que imparte. A Aula Aberta cambiará de horario no mes de xullo. Estará aberta de 8.00 a 14.00 horas os luns, mércores e venres para que os interesados e interesadas poidan pasar a rexistrarte nas actividades, solicitar axuda ou outra clase de información, e usar os ordenadores.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames, programou o ciclo “Sácalle partido o teu móbil”. A través de 4 cursos independentes pero relacionados, durante os meses de maio e xuño, ensinarase como sacarlle o máximo partido aos móbiles. Esta aula formativa, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que imparte, ademais de dispor dun horario de Aula Aberta para que os interesados e interesadas poidan pasar a rexistrarte nas actividades, solicitar axuda ou outra clase de información, e usar os ordenadores.
O luns 23 de novembro comezan os novos cursos da Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ames, que continuarán até o 30 de decembro.Esta aula formativa ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que oferta ao longo dos vindeiros meses, ademais de dispor dun horario de Aula Aberta para que os interesados e interesadas poidan pasar a rexistrarte nas actividades, solicitar axuda ou outra clase de información, e usar os ordenadores.Por mor da Covid-19, os cursos programados para os meses de outubro e novembro realizaranse de xeito telemático.
- ‹ anterior
- 2 de 4
- siguiente ›