Costoia. Parroquia de Biduído
Inicialmente o edificio foi construído como vivenda particular. No ano 1993 foi remodelado e adaptado para aloxamento turístico. As últimas melloras datan de 2006, ano en que tamén foi reclasificado, de acordo coa nova lexislación turística, como Pensión Residencia de 3 estrelas. Está distribuído en sete cuartos con baño e televisor. Conta con sala de almorzo, salón con cheminea, sala de xogos, xardín con grella e aparcadoiro.
Outros datos:
Contacto: 981 890 629 - hostalboavista@yahoo.es