Martes, 16 noviembre, 2021
- Tematica
A Xunta do Goberno Local aprobou, este luns 15 de novembro, a concesión de subvencións das “Axudas Reactiva Ames” dirixidas á creación e consolidación de empresas para o mantemento do emprego e do tecido empresarial local por un importe de 145.000 euros. Son 48 as empresas amesás que se van beneficiar desta subvención nalgunha das tres liñas de axudas. Os beneficiarios deberán presentar toda a documentación xustificativa na sede electrónica do Concello de Ames, como data límite, o 30 de novembro de 2021.
Descargas: