Solapas principales

Aberto ata o 30 de xuño o prazo para a renovación de praza na Escola Municipal de Teatro

Jueves, 20 junio, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abriu o prazo para a renovación de praza na Escola Municipal de Teatro de Ames. Dito prazo está dirixido ás persoas inscritas no curso anterior. O prazo de renovación de praza estará aberto ata o 30 de xuño. Posteriormente, do 5 ao 15 de xullo abrirá un segundo prazo para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Tanto para renovar praza como para inscribirse por primeira vez haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.

A Concellaría de Cultura do Concello de Ames puxo en funcionamento en 2021 a Escola Municipal de Teatro. Chegado o mes de xuño está a piques de rematar o curso 2023-2024 e abre o prazo de inscrición cara ao vindeiro curso. Deste xeito, o vindeiro luns 17 de xuño, abre o prazo para a renovación de praza na Escola Municipal de Teatro de Ames.

Dito prazo está dirixido ás persoas inscritas no curso anterior. O prazo de renovación de praza estará aberto ata o 30 de xuño. Posteriormente, do 5 ao 15 de xullo abrirá un segundo prazo para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres.

Para renovar praza haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Os impresos para facer efectivo o pagamento (autoliquidación) enviaranse ao correo electrónico que consta nas bases de datos da Oficina de Recadación para tal efecto. Estes documentos indicarán os prazos nos que debe realizarse o aboamento. No caso de dispor de certificado dixital ou DNI electrónico poderá descargar o documento de pago e aboar o importe a través do enlace da Oficina Virtual Tributaria.

Excepcionalmente poderase solicitar o impreso de pagamento de xeito presencial na oficina de Recadación do Milladoiro, na rúa da Viorneira, número 6; ou na oficina de Recadación de Bertamiráns, na praza da Horta de Abaixo, número 6. Tamén se pode solicitar en horario de tarde os luns e mércores, de 16:15h a 18:30 horas. No caso de non recibilo poden solicitalo a través do correo electrónico ames@canaltributos.com ou chamando ao número de teléfono 981 884 896. De non facer efectivo o pagamento nos prazos establecidos, tramitarase a baixa inmediata no servizo. O día 5 de xullo publicarase unha listaxe coas prazas libres.

Inscrición en grupos con prazas libres
Posteriormente, abrirase un segundo prazo, do 5 ao 15 de xullo, para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Neste caso as prazas adxudicaranse por orde de entrada da ficha de inscrición no Rexistro. O proceso de inscrición será o mesmo que para renovar praza. Haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Logo da comprobación por parte do departamento de Cultura da existencia de praza vacante, enviarase á persoa interesada a confirmación de praza e a folla de autoliquidación para que proceda a facer efectivo o pagamento seguindo o mesmo procedemento que se indica anteriormente, no primeiro prazo de inscrición. As solicitudes que non obteñan praza pasarán a formar parte da lista de agarda por se houbese algunha baixa ao longo do curso.

Inscricións ao longo do curso
No suposto de inscricións que se formalicen unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para rematar o curso.

As baixas deberanse tramitar por escrito e poderá devolverse a cota correspondente en supostos de baixa por forza maior (enfermidade acreditada). Se o alumno/a non acode á clase durante un mes consecutivo e non xustifica por escrito a dita ausencia, poderá darse de baixa de oficio e ofrecerlle a praza a outra persoa.

As clases comezarán o 17 de setembro en Bertamiráns e o 18 de setembro no Milladoiro e rematarán a última semana de xuño de 2025. Para formar grupo será necesario que se cubran a metade máis unha do máximo de prazas ofertadas. Para dispor de máis información pódese chamara ao números de teléfono 981 535 940 // 662 377 444 ou enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodeames.gal.