Solapas principales

Aberto o prazo de inscrición para o Entroido Lúdico 2021

Miércoles, 30 diciembre, 2020
Até o 12 de xaneiro de 2021 está aberto o prazo para inscribirse no programa de conciliación da vida laboral e familiar “Entroido Lúdico” que se celebrará do 15 ao 17 de febreiro de 2021. A través deste programa, o Concello de Ames procura axudar ás familias a compatibilizar o traballo e a vida familiar, ofrecendo un espazo onde a rapazada realiza actividades lúdicas e educativas. O programa ten un horario de 7.30 á 16.00 horas e inclúe os servizos de Bos Días e comedor.

O Entroido Lúdico do 2021 desenvolverase na Escola de Educación Infantil de Milladoiro para os/as alumnos/as escolarizados durante o curso 2020/2021 nalgún dos niveis do segundo ciclo de educación infantil e no CEP de Ventín: para os/as alumnos/as matriculados/as durante o curso 2020/2021 nalgún dos niveis de educación primaria. En Bertamiráns o programa realizarase no CEIP de Maía: para os/as alumnos/as escolarizados durante o curso 2020/2021 nalgún dos niveis do segundo ciclo de educación infantil e educación primaria.

Requisitos

Calquera familia empadroada en Ames que teña nenos ou nenas escolarizados no 2º ciclo de educación infantil  pode inscribirse no Entroido Lúdico. Esíxese asemade non ter débedas en período executivo coa facenda municipal e que os pais/nais, titores e titoras acrediten a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar.   

Lugar e presentación de solicitudes

As solicitudes poden presentarse no rexistro telemático a través da sede electrónica do Concello. A solicitude tamén se pode entregar presencialmente en calquera das oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello, tanto en Milladoiro como en Bertamiráns. Neste caso deberá terse en conta que hai que pedir cita previa a través da sede electrónica do Concello Ames. Preme aquí para descargar o impreso de inscrición.