- Tematica
NOTA ACLARATORIA:
O prazo de presentación das solicitudes de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2021-2022) vai do 19 de xullo ao 17 de agosto.
No prazo do 19 de xullo ao 17 de agosto, deberá presentarse como mínimo o anexo 1 – solicitude. Se nestas datas ten problemas para presentar algún dos outros anexos, poderá presentalo voluntariamente ata o 30 de setembro.
A Xunta de Goberno Local do pasado xoves 7 de xullo aprobou a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar, destinadas ao alumnado que cursou algún nivel do segundo ciclo de educación infantil no curso 2021-2022. Cunha contía total de 7.500 euros, as familias poden optar a estas subvencións, dun máximo de 120 euros por crianza, dende o martes 19 de xullo ata o mércores 17 de agosto. Premendo nesta ligazón pódese obter máis información sobre esta convocatoria.
Neste senso, o Concello de Ames destinará un total de 7.500 euros a estas subvencións, cuxo único criterio será a renda per cápita familiar das persoas solicitantes, e que se determinará sumando os ingresos anuais de todos os membros da unidade familiar maiores de idade e dividíndoos entre o seu número de membros. Dependendo destes ingresos, as achegas poderán alcanzar un máximo de 80, 100 ou 120 euros.
Desta forma, búscase que o alumnado integrado en familias con menos recursos dispoña do material educativo preciso para o normal desenvolvemento da súa aprendizaxe, e adecuando as subvencións á educación infantil, unha franxa de idade que carece de axudas deste tipo por parte da administración autonómica.
Presentación de solicitudes
As solicitudes poden ser presentadas no rexistro telemático, a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello, situadas na Casa do Concello e no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e na oficina municipal do Milladoiro. Tamén se poden presentar en calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de Outubro de Procedemento Administrativo Común das AAPP.
Para acudir ao rexistro municipal hai que solicitar cita previa para poder ser atendido. Pódese solicitar cita previa a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou chamando en horario de 8:30 a 13:30 horas (horario de verán), aos seguintes números de teléfono:
- Oficina de asistencia en materia de rexistro; Rexistro xeral de Bertamiráns: 881 074 710 / 881 074 712 / 881 074 708.
- Oficina de asistencia en materia de rexistro; Rexistro do Milladoiro: 981 377 654.
Tamén se pode solicitar cita previa enviando un correo electrónico a rexistro@concellodeames.gal, onde hai que indicar un número de teléfono para contactar.
Para obter máis información, pódese premer aquí e acceder ao trámite da solicitude.