Solapas principales

Aberto o prazo para inscribirse no cursos de monitor de actividades de tempo libre; limpeza de superficies e locais; e arranxo de habitacións en hoteis e persoal de tenda e escaparatismo

Miércoles, 5 junio, 2019
O Concello de Ames, no seu esforzo por mellorar os índices de emprego e emprendemento, continúa traballando en diferentes programas, medidas e iniciativas, tanto de xeito individual como en colaboración con outros concellos da comarca. Na experiencia acumulada xestionando políticas activas de emprego (obradoiros, programas integrados, etc.), así como outras iniciativas, reflíctese a efectividade da formación para o emprego combinada coas prácticas non laborais nos resultados de inserción entre os participantes. A través do contacto permanente co tecido empresarial da comarca, detéctanse sectores, empresas ou liñas de actividade con potencial de contratación.

Neste contexto, o Concello de Ames, está a poñer en marcha varios cursos de diversos ámbitos sectoriais, todos eles dentro dos que teñen mellores índices de ocupación na comarca.  Os cursos están dirixidos a persoas en situación de desemprego dos concello de Ames e Brión.

O horario destes tres cursos será de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas. As prácticas realizaranse unha vez rematada a formación. Os cursos impartíranse no Centro de formación e emprego do Concello de Ames, situado na urbanización de Aldea Nova, rúa da Costaneira. As persoas interesadas poden ampliar a información e solicitar a inscrición nos seguintes teléfonos de contacto: 663711876, 608459678 e 659061376 ou no correo electrónico: inseramesbrion@gmail.com. O número de prazas é limitado.

-MONITOR DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE
Esta semana dá comezo o curso de “Monitor de actividades de tempo libre”. Trátase dun curso homologado para a obtención do título correspondente. O obxectivo do curso é a preparación dos participantes para que adquiran os coñecementos necesarios que lles permitan levar a cabo as tarefas de animación e monitoraxe en actividades de ocio e recreativas, en particular no ámbito infantil e xuvenil.

Requisitos para participar: Graduado en Educación Secundaria ou equivalente.

Os datos do curso son os seguintes:
Duración: 200 horas + 150 horas de prácticas non laborais en entidades ou programas de ocio e tempo libre.
Inicio: 05/06/2019.
Fin: 01/08/2019.

Inscricións no seguinte enlace: https://bit.ly/2Ikg7op

-LIMPEZA DE SUPERFICIES E LOCAIS E ARRANXO DE HABITACIÓNS EN HOTEIS
O persoal de limpeza de oficinas, hoteis e outros establecementos similares é unha das ocupacións con mellores perspectivas de colocación na comarca, por iso este curso é unha excelente oportunidade para mellorar as posibilidades de inserción laboral. Os participantes aprenderán a realizar as tarefas de limpeza en edificios e locais, utilizando as técnicas, materiais e maquinaria adecuados, así como o arranxo de habitacións en establecementos hoteleiros.

Datos do curso:
Duración: 80 horas + 60 horas de prácticas non laborais en empresas de limpeza ou en establecementos hoteleiros.
Inicio: 10/06/19
Fin: 02/07/19

Inscricións no seguinte enlace: https://bit.ly/2JXbtjf

-PERSOAL DE TENDA E ESCAPARATISMO
O comercio é un dos sectores con maior demanda de profesionais, abarcando unha diversidade de actividades: téxtil, alimentación, grandes superficies, etc. Neste curso os participantes poderán adquirir os coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver unha actividade comercial de calidade, prestando asistencia e atención directa á clientela e organizando o punto de venda e escaparate.

Datos do curso:
Duración: 70 horas + 60 horas de prácticas non laborais en comercios de diferentes ámbitos de actividade.
Inicio: 12/06/2019.
Fin: 02/07/2019.

Inscricións no seguinte enlace: https://bit.ly/31cNlhQ

Multimedia