Solapas principales

Aberto o prazo para inscribirse nos cursos de iniciación ao piragüismo do mes de agosto

Lunes, 18 julio, 2022
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza os cursos de iniciación ao piragüismo, que se desenvolven durante os meses de xullo e agosto, na praia fluvial de Tapia. Ditos cursos, que están dirixidos a nenos e nenas de 7 a 16 anos, impártense os luns, mércores e venres, a partir das 10.30 horas. O prazo para participar nos cursos do mes de agosto aínda está aberto. Para participar nesta actividade é imprescindible saber nadar. As prazas son limitadas, polo que é importante inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal.

Un ano máis chegada a época estival organízanse os cursos de iniciación ao piragüismo que se imparten na praia fluvial de Tapia. Estes cursos son impartidos por persoal do club Ribeiras do Tambre. Nesta iniciativa colabora a entidade Corresponsables. Os cursos están organizados polo Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes. Están dirixidos a nenos e nenas de 7 a 16 anos.

Estes cursos desenvólvense durante os meses de xullo e agosto. Nos cursos do mes de xullo están participando arredor de 20 nenos/as. Para o mes de agosto aínda hai prazas dispoñibles, polo que todos os nenos e nenas que queiran participar nesta actividade aínda se poden inscribir. As clases impártense os luns, mércores e venres, en horario de mañá, a partir das 10.30 horas. Para participar é imprescindible saber nadar.

Os/as participantes aprenden, da man do persoal do club Ribeiras do Tambre, todo o necesario para gañar autonomía no uso da piragua e adquirir as destrezas e habilidades básicas para practicar o piragüismo.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Para solicitar máis información e para formalizar a inscrición nesta actividade hai que enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal.

Multimedia