- Tematica
O servizo de campamentos de verán 2024 está dirixido á rapazada que estea cursando os niveis de infantil, primaria, secundaria ou bacharelato. Trátase dunha oferta lúdica e formativa de desenvolvemento persoal concibida para, de xeito progresivo, dotar aos nenos/as e mozos/as das ferramentas precisas para lograr a súa autonomía e independencia, e fomentar a convivencia, a cooperación, o respecto e un xeito saudable ao tempo que os achega ao medio natural, ao deporte e á cultura. Preme nesta ligazón para descargar o impreso de matrícula.
Prazas dispoñibles
Os campamentos nos que quedaron prazas vacantes son os seguintes:
- Granxa escola Bergando:
- 2º ciclo de Infantil: do 4 ao 6 de xullo. 10 prazas dispoñibles.
- 1º de Primaria: do 1 ao 3 de xullo. 15 prazas dispoñibles.
- Corazón de Carballo (2º de Primaria): do 22 ao 24 de xullo. 8 prazas dispoñibles.
- Granxa escola El Kiriko:
- 3º de Primaria: do 14 ao 17 de xullo: 10 prazas dispoñibles.
- Praia de Patos (6º de Primaria):
- 1ª qunda: do 23 ao 28 de xuño. 7 prazas dispoñibles.
- 2ª quenda: do 30 de xuño ao 5 de xullo. 4 prazas dispoñibles.
- Alvarella Fragas do Eume (8-14 anos):
- 2ª quenda: do 19 ao 21 de xullo. 3 prazas dispoñibles.
Matrícula
O prazo de matrícula estará aberto dende o 11 ata o 20 de xuño. Para facer a inscrición débese presentar:
- Impreso de matrícula debidamente cumprimentado.
- Copia da tarxeta sanitaria.
- Certificado médico (só no caso de padecer enfermidade que deba ser reflectida).
- Ficha de coñecemento persoal para o campamento Alvarella Fragas do Eume 2ª quenda (se é preciso).
A documentación presentarase preferiblemente a través do Rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).
Os impresos para facer efectivo o pagamento de cada campamento (impreso de autoliquidación), enviaránselle ao correo electrónico facilitado por cada usuario/a na fase de preinscrición. Estes documentos indicarán os prazos nos que debe realizarse o abono.
Pagamento
O pagamento das taxas poderá fraccionarse en dous pagos (50% do custe de cada un).
Os impresos para facer efectivo o pagamento enviaránselle ao correo electrónico facilitado polos/as usuarios/as na súa solicitude de praza. Excepcionalmente poderá solicitarse o impreso de pagamento de xeito presencial nas Oficinas de Recadación do Milladoiro e de Bertamiráns ou a través do correo electrónico ames@canaltributos.com.
No caso de dispor de Certificado Dixital ou DNI electrónico poderase descargar ou pagar a autoliquidación premendo nesta ligazón, ou ben a través da banca electrónica de ABANCA.
Máis información
Para máis información pódese contactar coa Aula da Natureza, chamando ao número de teléfono 660 004 665 ou enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal, ou ben coa Concellaría de Xuventude, chamando ao teléfono 616 083 229 ou escribindo a xuventude@concellodeames.gal. O horario de atención de ambos departamentos será de 9:00 a 14:00 horas.