Avisos
De Lunes, 19 Agosto, 2019 hasta Viernes, 23 Agosto, 2019
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
De Martes, 6 Agosto, 2019 hasta Sábado, 31 Agosto, 2019
Dende este martes, día 6, ata finais do mes de agosto, as oficinas da Unión de Consumidores de Galicia, en Bertamiráns e no Milladoiro, estarán pechadas por descanso do persoal. O servizo de asesoramento enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). No mes de setembro volverase a ofrecer dito servizo no horario habitual: os martes no Milladoiro e os xoves en Bertamiráns. A oficina de Santiago estará aberta en horario de 10:00 horas a 15:00 horas durante este mes.
Lunes, 5 agosto, 2019
Os locais hostaleiros, que conten con licenza en vigor, situados no municipio de Ames poderán ampliar o seu horario de peche nunha hora. Este permiso foi concedido para os días 7, 8, 9, 10 e 11 de agosto de 2019 con motivo das festas da Peregrina, en Bertamiráns. A ampliación do horario foi concedido despois das xestións realizadas polo Concello de Ames ante a Xefatura territorial de Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
De Martes, 30 Julio, 2019 hasta Martes, 13 Agosto, 2019
O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas provisionais de usuarios/as admitidos/as no programa Setembro Lúdico. Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso poderás consultar as listas de Bertamiráns e do Milladoiro. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitido a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o.
De Lunes, 29 Julio, 2019 hasta Viernes, 2 Agosto, 2019
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Lunes, 29 julio, 2019
Dende o departamento de Educación informáselle ás familias usuarias do programa Xuño Lúdico que o cobro do recibo deste servizo realizarase o día 5 de agosto de 2019.
Miércoles, 10 julio, 2019
Dende o departamento de Educación informáselle ás familias usuarias dos servizos de Comedores Escolares, Bos días Cole e Tardes divertidas que o cobro do recibo do mes de xuño realizarase o día 24 de xullo de 2019.
Martes, 9 julio, 2019
O Concello de Ames informa que o horario de atención ao público das oficinas de Espina & Delfín en Ames, empresa concesionaria do servizo do ciclo integral da auga, pasa a ser de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas, e de luns a xoves de 16:00 a 18:00 horas.
De Lunes, 8 Julio, 2019 hasta Lunes, 22 Julio, 2019
A Concellaría de Educación pon en marcha o programa Setembro Lúdico, dirixido aos rapaces e rapazas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria que están empadroados no Concello de Ames. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de setembro. O prazo de inscrición ábrese hoxe e pechará o vindeiro 22 de xullo. Os interesados/as poden recoller a documentación necesaria no departamento de Educación, en Bertamiráns, ou na Oficina municipal do Milladoiro. Premendo nos enlaces que están ao final deste aviso poderás obter o impreso de inscrición neste programa e as bases dos programas lúdicos.
Viernes, 5 julio, 2019
O Concello de Ames súmase á concentración convocada pola Plataforma Feminista o vindeiro luns, 8 de xullo, ás 20.00 horas na Praza da Maía. O obxectivo desta iniciativa será mostrar o apoio da sociedade á vítima dos violadores de Manresa, así como a súa repulsa por mor da decisión xudicial ditada ao abeiro deste caso. Asemade, a Concellaría de Benestar Social de Ames quere animar a toda a veciñanza amesá a que se sume a esta concentración para mostrar de maneira pública a condena deste tipo de situacións.
- ‹ anterior
- 123 de 134
- siguiente ›