- Tematica
Os interesados/as poden recoller a documentación necesaria no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, na Oficina municipal do Milladoiro ou na propia páxina web municipal. As inscricións tamén se poden entregar a través do rexistro telemático. Tanto para a entrega como para a recollida dos papeis, o horario é de 9:00 h. a 14:00 horas. En ningún caso se admitirán inscricións fóra de prazo.
Unha vez rematado o prazo de inscrición publicarase a lista de admitidos/as na que se indicarán os lugares das actividades por grupos nos taboleiros de anuncios do Concello e da Oficina Municipal do Milladoiro. Para máis información poden chamar ao departamento de Educación marcando o número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.org.