Solapas principales

Abre o prazo de inscrición para o Setembro Lúdico 2021

De Viernes, 9 Julio, 2021 hasta Viernes, 23 Julio, 2021
A Concellaría de Educación pon en marcha o programa Setembro Lúdico, dirixido aos rapaces e rapazas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria que están empadroados no Concello de Ames. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 1,2, 3, 6, 7 e 8 de setembro. O prazo de inscrición ábrese hoxe, 9 de xullo, e pechará o vindeiro 23 de xullo. Os interesados/as deberán entregar a documentación a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns), mediante solicitude de cita previa a través da sede electrónica.

Unha vez rematado o prazo de inscrición publicarase a lista de admitidos/as na que se indicarán os lugares das actividades por grupos nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello, do Pazo da Peregrina e da Oficina Municipal do Milladoiro. Tamén se publicarán na sección de Aviso da web municipal. Para máis información poden chamar ao departamento de Educación marcando o número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal.

Documentación a achegar coas solicitudes
Os interesados/as deberán achegar a seguinte documentación coas solicitudes (salvo que xa obre en poder do departamento de Educación): copia auténtica ou cotexada do libro de familia; copia auténtica ou cotexada do DNI do titular da conta; documentación que indique a ocupación dos pais/nais, titores/titoras (certificados de traballo, e de ser o caso certificación de estar realizando cursos de formación ou calquera outra que especifique a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar). De ser o caso, informe médico que acredite a necesidade de dieta ou calquera outro tipo de tratamento especial No caso de ruptura da unidade familiar, documentación que o xustifique.

Os pais/nais dos nenos/as que participen este ano no Setembro Lúcido deberán asinar unha declaración responsable antes de comenzar o programa. Unha vez cuberta terán que entregarlla aos/ás coordinadores/as, que haxa en cada lugar habilitado o primeiro día de inicio do programa.

Multimedia