Lunes, 11 abril, 2022
- Tematica
Xa está aberto o prazo para inscribirse na proposta de contacontos do mes de abril do departamento de Bibliotecas amesán. A sesión de narrativa oral para crianzas de 3 a 8 anos, “Unha lea de contos”, desenvolverase en Bertamiráns os días 19, 20 e 21, ás 17:30 horas.
As inscricións para a biblioteca de Bertamiráns están abertas do venres 8 ao mércores 13 de abril, para as que haberá que chamar ao 981 88 48 29, ou ben enviar un correo a biblioteca@concellodeames.gal.