Miércoles, 14 julio, 2021
- Tematica
Dende o xoves 15 de xullo, os músicos e músicas de Ames xa poden reservar os materiais e as instalacións do local municipal A Factoría enviando a solicitude a través do correo electrónico omix@concellodeames.gal. Debe, polo menos, un dos/as seus/súas integrantes debe estar empadroado en Ames e o grupo debe estar dado de alta no censo municipal de artistas do concello.
Para poder reservar o local, polo menos, un dos/as seus/súas integrantes debe estar empadroado en Ames e o grupo debe estar dado de alta no censo municipal de artistas do concello. Podes consultar aquí toda a normativa.
Unha vez enviada a solicitude, a concellería de mocidade entregará á persoa solicitante unha autorización do uso das instalacións indicadas, na que figurará o nome do grupo solicitante, o nome do seu representante, o seu DNI, relación das persoas que compoñen o grupo, días e horas nas que está autorizado o uso dos locais e a sala a utilizar, etc.
Os grupos interesados en seguir ensaiando na Factoría deberán renovar a solicitude anualmente.
Descargas: