Solapas principales

Ábrese un período para comunicar as matrículas dos vehículos que precisan acceder aos garaxes da rúa Ameneiral, en Bertamiráns

Martes, 3 diciembre, 2024
O Concello de Ames abre un período para comunicar en Gabinete de Alcaldía as matrículas dos vehículos que entran e saen dos garaxes da rúa Ameneiral, en Bertamiráns. Hai que ter en conta que a rúa Ameneiral é peonil, polo que só está permitido o paso aos vehículos autorizados ou aos que accedan aos garaxes. Debido á colocación de cámaras de tráfico en dita rúa, é necesario facilitar as matrículas dos vehículos que necesitan acceder aos garaxes da rúa Ameneiral.

Tendo en conta a colocación de cámaras de tráfico na rúa Ameneiral, sendo esta unha rúa peonil, só está permitido o paso aos vehículos autorizados ou aos que accedan aos garaxes, polo que deberán dar traslado das correspondentes matrículas. Preme nesta ligazón para consultar o aviso municipal.

Lugar: Gabinete de Alcaldía.
Horario: 09:00h – 14:00 horas.
Data inicio: 04.12.2024.
Data límite: 31.12.2024.

Deberase indicar:
• Dirección, número de praza e matrícula.
• Documento que acredite que a praza é en propiedade ou alugada.

Multimedia