Solapas principales

Actualización de medidas para a hostalaría que entraron en vigor o 22 de maio de 2021

Viernes, 21 mayo, 2021
O Concello de Ames informa sobre a actualización de medidas para a hostalaría do concello de Ames, que entraron en vigor as 00.00 horas do sábado 22 de maio de 2021. Dende o 9 de maio o concello de Ames atópase en nivel medio de restricións.

A Xunta de Galicia publicou a Orde do 21 de maio de 2021 pola que se prorroga a eficacia e se modifica a Orde do 7 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. Preme nesta ligazón para consultar a actualización de medidas de hostalaría segura en Ames.

Horarios:
-Os establecementos que NON ofrezan ceas pecharán ás 23.00 horas.
-Os establecementos que ofrezan servizo de ceas pecharán á 1.00 horas.
-A recollida en local e maila entrega a domicilio está permitida ata á 1.00 horas.

Requisitos para as ceas en restaurantes:
-Reserva ou cita previa.
-Rexistro de clientes.
-Ventilación axeitada e medidores de CO2.

Máscaras:
-Uso obrigatorio de máscara, excepto no momento de inxerir alimentos e bebidas. Nas demais situacións hai que mantela posta.

Aforos:
-30% no interior e grupos de ata 4 persoas e sen barra.
-50% en terrazas e grupos de ata 6 persoas.

Código QR:
-Os establecemento terán á disposición dos clientes un código QR, onde poderán rexistrar a súa visita ao establecemento para facilitar a detección precoz da Covid-19.

Multimedia