Solapas principales

Adiado o Día do Deporte

Viernes, 8 septiembre, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, informa de que o Día do Deporte, que ía ter lugar este sábado, 9 de setembro, queda adiado pola previsión meteorolóxica, posto que se agardan choivas para a xornada. Anunciarase unha nova data de celebración proximamente.

No Día do Deporte a veciñanza poderá gozar de actividades dirixidas como aerozumba, spinning ou baile moderno, así como de piragüismo, atletismo, xadrez, tenis, golf e crocket, patinaxe, baloncesto, fútbol sala, judo e taekwondo. As persoas que participen en cinco desas actividades recibirán un agasallo na carpa de participación. 

Multimedia