Lunes, 27 junio, 2022
- Tematica
A Casa da Cultura do Milladoiro iba acoller este venres 1 de xullo a estrea do Grupo Municipal de Teatro coa obra "Aquí non paga ninguén". Dita estrea adíase ao sábado 16 de xullo á mesma hora e lugar. A entrada para asistir ao evento queda anulada, polo que, as persoas que queiran asistir teñen que volver a retirar a súa entrada no enlace da billeteira electrónica.
"Aquí non paga ninguén" é a primeira obra do Grupo de Teatro Municipal, unha representación na que as veciñas dun edificio toman ao asalto o supermercado do barrio fartas da súa situación económica. As protagonistas terán que inventar todo tipo de mentiras para conseguir saír ben paradas.
A obra representarase o sábado 16 de xullo ás 20:30 na Casa da Cultura do Milladoiro. Xa se poden retirar as entradas premendo neste enlace