Miércoles, 31 agosto, 2022
- Tematica
Debido á alta probabilidade de chuvia para o xoves 1 e o venres 2, o departamento de Normalización Lingüística decidiu aprazar as "Brincadeiras miúdas" de Cé Orquestra Pantasma, previstas para esta semana no parque do Ameneiral de Bertamiráns e no parque dos Piñeiros do Milladoiro, xa que ao longo da actividade as nenas e nenos ían estar xogando no espazo ao aire libre. As novas datas son o luns 19 de setembro en Bertamiráns e o martes 20 no Milladoiro, das 18:00 ás 20:00 horas e nas mesmas localizacións.