Solapas principales

Adíase a presentación do libro “Mordouelias. Rosalía e As Terras da Maía”

Viernes, 17 febrero, 2023
Dentro da programación de actividades organizadas en Ames con motivo do Día de Rosalía, que se conmemora o 23 de febreiro, o departamento de Turismo organiza a presentación do libro “Mordouelias. Rosalía e As Terras da Maía”, editado polo Concello de Ames e a Fundación Rosalía.

O evento estaba previsto para o martes, 21 de febreiro, na Casa da Cultura do Milladoiro, pero realizarase noutra data que se anunciará a vindeira semana.  En dita preentación participarán Anxo Angueira, director da Fundación Rosalía de Castro, e a filóloga María López Sández, experta rosaliana e escritora da obra. Antes do acto, ás 18:30 horas, plantarase unha filla da figueira da Casa – Museo Rosalía de Castro.

Multimedia