Martes, 27 julio, 2021
- Tematica
A xornada de inchables acuáticos e deportivos prevista para este venres 30 de xullo na área deportiva do Milladoiro queda aprazada polo aumento de casos de COVID-19. Hoxe mesmo a Xerencia da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza informou de que o número de casos activos por Covid-19 en Ames é de 168.
Ante o aumento dos casos e nun exercicio de responsabilidade a concellaría de Deportes decidiu adiar a actividade.
A xornada de inchables retomarase cando mellora a situación epidemiolóxica respectando o número e a orde de inscrición.
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, aproveitou a ocasión para pedir prudencia e responsabilidade a todos os veciños e veciñas de Ames, para xuntos saír desta situación e non dar un paso atrás na loita contra o coronavirus.