Solapas principales

Alteracións de tráfico e prohibición de estacionamento nas rúas Madalena e Xaquín Lorenzo pola rodaxe dunha longametraxe no Milladoiro

Viernes, 29 abril, 2022
O Concello de Ames informa de que o luns, 2 de maio, entre as 10.00 e as 21.00 horas, vaise a realizar a rodaxe dunha longametraxe no Milladoiro, que provocará alteracións de tráfico e prohibición de estacionamento nas rúas Madalena e Xaquín Lorenzo. Haberá cortes de tráfico intermitentes de 5 minutos aproximadamente. Tamén se comunica que non se poderá estacionar na rúa Xaquín Lorenzo á altura dos números 2-4.

Multimedia