Viernes, 5 agosto, 2022
- Tematica
O Concello de Ames informa da aprobación dun decreto de ampliación do horario dos locais de hostalaría, tanto no interior como nas terrazas, situados nos núcleos de Milladoiro e Bertamiráns con motivo das festas da Madalena e da Peregrina respectivamente.
O horario amplíase en dúas horas os días 5 e 6 de agosto no Milladoiro e os días 12 e 13 de agosto en Bertamiráns. Tamén, se amplía o horario de peche os días 7, 8 e 9 de agosto no Milladoiro e os días 10, 11 e 14 en Bertamiráns; neste caso a ampliación é de unha hora sobre os horarios límite de peche.
Trala ampliación os horarios quedan do seguinte xeito: no Milladoiro os días 5 e 6 de agosto os locais de hostalaría pecharán ás 04:00 horas e os días 7, 8 e 9 de agosto o horario de peche será ás 02:00 horas. En Bertamiráns os días 12 e 13 de agosto amplíase o horario dos locais ata as 04:00 horas e os días 10, 11 e 14 de agosto pecharán ás 02:00 horas.