Solapas principales

Amplíase o horario dos locais de hostalaría situados no Milladoiro e Bertamiráns con motivo do “Ames en Festas”

Martes, 1 agosto, 2023
O Concello de Ames informa da aprobación dun decreto de ampliación do horario dos locais de hostalaría, tanto no interior como nas terrazas, situados nos núcleos de Milladoiro e Bertamiráns con motivo das festas da Madalena e da Peregrina respectivamente que se celebran dende o venres 4 ata o luns 14 de agosto.

O horario amplíase en dúas horas os días 4 e 5 de agosto no Milladoiro e os días 11 e 12 de agosto en Bertamiráns. Tamén, se amplía o horario de peche os días 3, 6, 7 e 8 de agosto no Milladoiro e os días 9, 10, 13 e 14 en Bertamiráns; neste caso a ampliación é de unha hora sobre os horarios límite de peche.

A ampliación de dúas horas ou unha hora será sobre os horarios límite de peche que teña establecido para cada un dos locais hostalería (interior e terrazas). A presente autorización comprende exclusivamente aos establecementos de restauración comprendidos no apartado III.2.5. Establecementos de restauración, do artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público:

-Restaurantes.
-Salóns de banquetes.
-Cafetarías.
-Bares.

O resto de establecementos deberán respectar o seu horario habitual de peche.