Martes, 13 junio, 2023
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio do tribunal encargado de xulgar as probas do proceso selectivo para a cobertura de 16 prazas de persoal de servizos xerais a xornada completa (persoal fixo - descontinuo), incluídas no proceso selectivo de estabilización de emprego temporal da oferta de emprego público de 2022.
O tribunal resolve a proba de galego realizada a tres aspirantes e convoca ás persoas afectadas, que queiran acudir ao sorteo (debido a que están empatadas en puntuación), que se vai realizar o xoves 15 de xuño, ás 14.00 horas, no salón de Plenos da Casa do Concello.
> Premendo nesta ligazón pódese consultar o proceso selectivo ao completo.