Lunes, 15 enero, 2024
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público os anuncios publicados no BOP sobre a declaración de persoal laboral fixo de 16 prazas: dúas prazas de animadora sociocultural, unha praza de animador deportivo, unha praza de técnica en dietética, dúas prazas de educadoras infantís, unha praza de responsable da oficina de voluntariado, dúas prazas de animador á lectura, tres prazas de conserxe de cultura, unha praza de conserxe de cultura (reserva discapacidade), unha praza de conserxe de centros de ensino, e dúas prazas de conserxe de centros de ensino (reserva discapacidade).
Asemade, faise público o anuncio publicado no BOP sobre o nomeamento de persoal funcionario de carreira dunha praza de auxiliar administrativo e novo chamamento.