Solapas principales

Aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos complementarios do Concello de Ames

Martes, 6 agosto, 2024
O Pleno do Concello de Ames, en sesión ordinaria do 31.07.2024, acordou a aprobación inicial a modificación da Ordenanza fiscal número 3.A.8 reguladora da taxa pola prestación de servizos complementarios educativos e de conciliación da vida familiar e laboral do Concello de Ames. Mediante o presente anuncio, o dito acordo sométese a exposición pública mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ames, no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e nun diario dos de maior difusión da provincia, para que as persoas interesadas poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

O prazo de exposición pública será de 30 días hábiles de acordo co disposto no apartado b) do artigo 49 da Lei 7/85, do 2 de abril, das Bases do Réxime Local, a contar desde o día seguinte o da publicación deste anuncio no BOP da Coruña. De non formularse reclamacións entenderase definitivamente aprobado o acordo ata entón inicial, sen necesidade de novo acordo plenario.