Viernes, 23 diciembre, 2022
- Tematica
O Pleno do Concello de Ames, en sesión extraordinaria de data 21 de decembro de 2022, aprobou inicialmente o Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2023 xunto coas bases de execución e os cadros de persoal do exercicio.
Segundo o previsto no artigo 169 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, sométese a exposición pública este acordo inicial xunto co expediente completo, aos efectos de presentación de reclamacións que se consideren oportunas, dirixidas ao Pleno, por un prazo de quince días hábiles a contar dende a data de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se non se producen alegacións ou reclamacións o acordo de aprobación inicial entenderase aprobado con carácter definitivo.
Descargas: