- Tematica
Co gallo da celebración do Día Internacional da Seguridade da Información o día 30 de novembro, a aula AMTIC ten programada para o mércores 27 unha xornada arredor do uso responsable das redes sociais. No evento poderá participar público adolescente (a partir de 16 anos) e adulto que faga uso de diferentes redes sociais, así como familias que queiran saber máis sobre como usar de xeito responsable as diversas plataformas.
O obxectivo desta actividade é proporcionar ferramentas e estratexias efectivas para o uso consciente e responsable das redes sociais, e para recoñecer riscos asociados a elas na actualidade.
Contidos
A conferencia comezará cunha serie de preguntas e cuestionarios que os asistentes responderán conxuntamente e de forma oral para que formen unha imaxe global do uso que fan das redes sociais: que tipos de redes utilizan, canto tempo invirten, que é o que buscan nelas, etc.
A continuación aprenderán algunhas pautas para facer un uso responsable das redes sociais, como poden ser revisar o acceso que teñen configurado nas súas redes, revisar o contido antes de publicalo, ser conscientes do contido que consumimos e como nos afecta este tipo de contido ou filtrar a información que reciben, entre outros.
Finalmente, visualizaranse distintos vídeos nos que se recrearán casos de diferentes perigos asociados ás plataformas como o sexting, o grooming, problemas de privacidade, phising ou fraudes, e analizaranse as súas consecuencias.
Inscrición
As prazas asignaranse por orde de recepción das solicitudes ata completarse. Para anotarse é preciso enviar esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal. Tamén se pode facer a través do teléfono 674 594 843, en horario de 9:30 a 14:00 horas.