Solapas principales

Bando sobre a prohibición de estacionamento debido ao comezo das obras na urbanización da Peregrina

Viernes, 24 febrero, 2023
A partir do vindeiro luns, 27 de febreiro, darán comezo as obras de renovación da pavimentación na urbanización da Peregrina de Bertamiráns. O prazo de duración de ditas obras será de 6 semanas, segundo o proxecto técnico aprobado pola administración local. O alcalde de Ames, Blas García, comunica mediante un bando a prohibición do estacionamento de vehículos nas zonas de aparcamento existentes na rúa Bosque e na rúa Acacias mentres duren os traballos de pavimentación.