Solapas principales

Bando sobre a prohibición de estacionamento debido á celebración das festas da Madalena no Milladoiro

Jueves, 1 agosto, 2024
Tendo en conta as actuacións que se realizarán con motivo da celebración das festas da Madalena no Milladoiro, prohíbese o estacionamento dende o venres 2 de agosto de 2024 ata o mércores 7 de agosto de 2024 nas seguintes rúas:

-Rúa Travesía do Porto dende o cruce coa rúa Cereixos ata o cruce coa rúa Pardiñeiros.

-Rúa Agriños (incluíndo aparcadoiro) ata o cruce coa Avda. Muíño Vello.

Ademais, haberá cortes de tráfico puntuais na rúa Cereixos e desvío de tráfico.