- Tematica
Ao pé deste aviso pódese descargar un plano do Google Maps da zona da fase I, destacando as seguintes zonas:
-Obras: zona sinalada con frechas vermellas (zona de actuación da avenida da Maía).
-Contedores: zona sinalada con estrelas amarelas (nesta zona están situados os contedores de residuos, polo que a empresa FCC procederá a recolocalos).
-Transporte metropolitano e transporte escolar: a parada do bus actual está marcada cunha liña azul e co número 1. Esta parada de autobús trasladarase á zona marcada cunha liña azul e co número 2 (nesa zona prohibirase o estacionamento para deixalo para a parada).
-Na zona marcada en cor morada prohibirase o aparcamento de vehículos.
Intentarase que as molestias ocasionadas sexan as mínimas, pero será inevitable que haxa algunha alteración que afecte ao tráfico de vehículos e peonil, así como as entradas e saídas de garaxes. Dito proxecto foi adxudicado á Unión Temporal de Empresas Construcciones Cernadas SL y Vázquez y Reino SL “UTE Impulsa Ames”, por un importe de 1.347.000 euros (IVE incluído). Actuarase en seis rúas e dúas prazas en tres fases distintas de execución. Premendo nesta ligazón podes ver o vídeo explicativo deste proxecto.