Solapas principales

Convocatoria de axudas para a promoción de festas populares

Lunes, 3 marzo, 2025
Xa está aberto o prazo para solicitar as subvencións destinadas á promoción de festas populares no Concello de Ames. O prazo para solicitar esta axuda, que suma unha contía de 25.000 euros, estará aberto ata o 31 de marzo.

Dende este pasado sábado, 1 de marzo, as asociacións culturais e veciñais e as comisións de festas de Ames poden solicitar axudas para a promoción de festas populares. O prazo para presentar as solicitudes rematará o luns 31 de marzo.

Poderán optar  a ela aquelas asociacións culturais ou veciñais amesás que estean legalmente constituídas e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións, cos datos de inscrición actualizados. Tamén poden acceder ás axudas as comisións de festas.

O importe individual das axudas dependerá dos habitantes censados en cada lugar ou parroquia en que se celebren os festexos, de acordo ao baremo que figura nas bases. Deste xeito, a achega máxima poderá ser de 1.000, 2.000 ou 6.500 euros, dependendo de se a parroquia ten menos de 500, entre 500 e 3.000, ou máis de 3.000 habitantes, respectivamente. As actividades poderán ser subvencionadas ata un máximo do 50% do orzamento total.

Presentación de solicitudes
As solicitudes, xunto co resto da documentación, presentaranse na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben a través do Rexistro electrónico do Punto de Acceso Xeral do Estado (REC). Para máis información, pódese contactar co departamento de Cultura, chamando ao teléfono 662 377 444 ou escribindo ao enderezo electrónico cultura@concellodeames.gal.