Solapas principales

Cortes de tráfico e prohibicións de estacionamento no Milladoiro debido á cuarta etapa de “O Gran Camiño”

Martes, 21 febrero, 2023
O concello de Ames acolle o vindeiro domingo, 26 de febreiro, a saída da cuarta e última etapa da carreira ciclista O Gran Camiño. Será unha contra o reloxo entre O Milladoiro e a praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela. Trátase dunha contra o reloxo de 18,10 quilómetros e un desnivel de 366 metros. A saída do primeiro participante producirase ás 12.00 horas. A saída estará instalada na rúa das Hedras, na entrada do parque empresarial Novo Milladoiro. Continuarán pola avenida do Muíño Vello, rúa Palmeiras e pola Travesía do Porto. Despois dirixiranse pola rúa Codeseira (estrada DP-0206) cara a aldea da Agrela para posteriormente entrar no concello de Teo. A saída do último participante está prevista parta as 14.08 horas.

Con motivo da cuarta etapa da carreira ciclista O Gran Camiño 2023, que se celebrará o vindeiro domingo, 26 de febreiro de 2023, nos arredores do parque empresarial Novo Milladoiro, infórmase das seguintes restricións:

  • PROHIBICIÓNS DE ESTACIONAMENTO:

-Rúa das Hedras, dende a rúa do Buxo ata a rúa do Muíño Vello: dende as 18:00 horas do sábado 25 de febreiro ata as 16:00 horas do domingo 26 de febreiro.
-Rúa das Palmeiras, rúa das Hedras, rúa Oliveiras e Travesía do Porto: dende as 9:00 ata as 15:00 horas do domingo 26 de febreiro.

  • CORTES DE TRÁFICO:

-Rúa das Hedras, dende a rúa do Buxo ata a rúa do Muíño Vello: dende as 18:00 horas do sábado 25 de febreiro ata as 16:00 horas do domingo 26 de febreiro.
-Rúa das Palmeiras, rúa das Hedras, rúa Oliveiras: dende as 9:00 ata as 15:00 horas do domingo 26 de febreiro.
-Travesía do Porto ata a aldea da Agrela (DP-0206): dende as 11:00 ata as 15:00 horas do domingo 26 de febreiro.

  • RECOMÉNDASE:

-Evitar as mencionadas vías e utilizar vías alternativas (autovía AG-56 / desvío Galanas AC-522).
-Acceso ao parque empresarial Novo Milladoiro pola aldea de Ventín.