Martes, 14 diciembre, 2021
- Tematica
O alumnado da aula de frauta traveseira da Escola Municipal de Música de Ames participará nunha audición do seu instrumento, na que tocarán unha peza individual e dúas pezas colectivas, o “jingle bells” e un “blues”. Será o vindeiro venres 17 de decembro, ás 20:00 horas, no corredor da EMMA. Asistirán aproximadamente uns 20 familiares e cumprirase co protocolo COVID habitual nos centros educativos.